Contando coas Letras Galegas

Celebramos o Día das Letras Galegas dun xeito moi especial: compartindo un conto cos máis pequenos do cole.  As alumnas de 4º ESO, Clara e Iria, prepararon unha animación á lectura a partir da historia «El ratón y los vientos» que traduciron ao galego e adaptaron á PDI. A actividade tivo lugar na Escola Infantil e contou coa asistencia de máis de sesenta alumnos, xa que se sumaron os tres cursos de Educación Infantil, e todos participaron activamente na narración, animados polas nosas «contadoras». Os cativos aproveitaron a ocasión para visitar a exposición de réptiles que hoxe se organizou na Escola Infantil.

Parabéns a Iria e Clara polo seu traballo na adaptación do conto e o deseño da presentación para PDI coa que apoiaron a súa actuación.

[photofade]